2º Edición_ Curso teórico práctico para a protección integral da liberdade sexual e da integridade moral no traballo (5h)
2º Edición_ Curso teórico práctico para a protección integral da liberdade sexual e da integridade moral no traballo (5h)
A posesión desta certificación acredita que a persoa estudante superou con éxito o Curso teórico práctico para a protección integral da liberdade sexual e da integridade moral no traballo de 5h de duración en liña.
Criterios
Esta insignia foi outorgada por completar o curso teórico práctico para a protección integral da liberdade sexual e da integridade moral no traballo de 5h de duración en liña, cumprindo os seguintes requisitos:
- Asistir e participar activamente nalgunha das sesións en liña que se levaron a cabo o 09, 16 ou 30 de maio do 2023
- Responder satisfactoriamente, polo menos, o 70% das cuestións expostas no test de avaliación do curso
Neste curso abordáronse as seguintes materias:
1.- Obrigacións empresariais de prevención e protección fronte ás condutas contra a liberdade sexual e a integridade moral no traballo:
1.1. O artigo 48 da LO 3/2007, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes, e a súa reforma pola LO 10/2022, de garantía integral da liberdade sexual.
1.2. Implicacións da ratificación do Convenio 190 da OIT sobre violencia e acoso no mundo do traballo.
1.3. O tratamento destas condutas desde a perspectiva da prevención de riscos laborais.
2.- Os protocolos ou procedementos para a prevención e tratamento das condutas contra a liberdade sexual e a integridade moral no traballo
2.1. Delimitación do ámbito obxectivo de aplicación dos protocolos: tipoloxía de condutas contra a liberdade sexual e a integridade moral que poden darse no ámbito laboral.
2.2. Delimitación do ámbito subxectivo dos protocolos: suxeitos activos e pasivos das condutas.
2.3. Medidas preventivas
2.4. Procedementos de actuación
2.5. Medidas de apoio ás vítimas
2.6. Dereitos laborais das vítimas de violencias sexuais
3.- Tutela administrativa e xudicial da liberdade sexual e a integridade moral no traballo
- Esta insignia é concedida seguindo o cumprimento dos criterios do curso por:
- Xestor
- Idioma
- Galego
Aprobación
- Nome do emisor
- Dirección Xeral de Relacións Laborais
- Correo-e
- dx.relacionslaborais@xunta.gal
- URL do emisor
- https://aigualdadelaboral.gal/
- Data da emisión
- 2 de maio de 2023, 9:38 AM
- URL da reclamación
- https://aigualdadelaboral.gal/
- Comentario á aprobación